"A ciencia é divertida" na Biblioteca Municipal de Fene

"A ciencia é divertida" na Biblioteca Municipal de Fene

O Concello abre a inscrición este luns neste espectáculo de contos e experimentos científicos para nenos e nenas de 3 a 8 anos

O Concello de Fene abrirá este luns, 15 de outubro, o prazo de inscrición na actividade "A ciencia é divertida", que terá lugar o sábado 20 ás 11,30 horas na Biblioteca Municipal de Fene. Está dirixida a nenos e nenas de 3 a 8 anos e as prazas están limitadas a 25. Por iso, a inscrición debe formalizarse presencialmente na propia biblioteca ou por teléfono -981 34 23 02- de luns a venres de 16 a 21 horas.


Organizada pola Concellería de Cultura que dirixe Rocío Bértoa no marco do programa "Ler conta moito" da Xunta de Galicia, este espectáculo de contos e experimentos científicos abraiará, sen dúbida, ós nenos e nenas participantes. Ensinaralles que a ciencia está presente na nosa vida e os nenos/as aínda o están descubrindo. Unha invitación a experimentar.