Festas de Fene libres de violencia sexista

Festas de Fene libres de violencia sexista

O Concello vén de sumarse á campaña de sensibilización que impulsan a Xunta, a FEGAMP e o Colexio de Psicoloxía de Galicia Facilitará ás asociacións material nas datas próximas ás festi

O Concello de Fene, a través do Servizo Municipal de Atención á Muller e Promoción da Igualdade, vén de sumarse á Campaña de Sensibilización para minorizar a violencia sexista nas festas populares baixo o lema “De troula con sentido, as festas galegas libres de violencia sexista”.
A campaña está organizada pola FEGAMP, a Xunta de Galicia e o Colexio de Psicoloxía de Galicia e, dende a Concellería de Benestar Social e Igualdade que dirixe Juana Barro, invítase a todas a entidades, tendas, cafeterías, empresas e á poboación en xeral a sumarse á campaña colocando en lugares visibles da súa parroquia, local, fiestra, web, redes sociais (facebook, twitter...) algún dos carteis e material da campaña, que poden descargar da páxina web da FEGAMP: www.fegamp.gal.
Así mesmo, dende o Concello facilitarase ás asociacións material impreso en datas próximas ás festividades da súa parroquia, para que poidan colocalo se deciden sumarse á campaña.