Visita a Navantia Fene do Obradoiro de emprego INICIA II

Visita a Navantia Fene do Obradoiro de emprego INICIA II

Alí foron recibidos polo responsable de xestión de Recursos Humanos quen, nun primeiro momento, lles explicou a través dunha proxección a historia deste centro productivo.

Posteriormente foron acompañados polo responsable de Seguridade e polos encargados de Producción nun percorrido polas instalacións do taller de bloques curvos, de almacenaxe de material dos jackets e polo muelle de carga, onde lles explicaron os distintos procesos de produción dos mesmos.

Lembrar que o Obradoiro de Emprego de garantía xuvenil INICIA II é un programa de emprego e formación que se enmarca dentro do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo para o período 2014-2020, nunha porcentaxe do 91,89%.

A entidade que actúa como promotora do proxecto é o Concello de Fene, a través dun convenio de colaboración no que tamén participan os Concellos de Ares, Cabanas, Mugardos e Neda.

O Obradoiro de emprego INICIA II está composto por unha directora, un docente da especialidade de tubaxe industrial, unha docente de formación empresarial, unha docente de EXB e 15 alumnos/as traballadores/as dos distintos Concellos participantes no programa.

O proxecto comezou o pasado 29 setembro e rematará o 28 de marzo. Neste tempo, o alumnado traballador terá que realizar entre outras as seguintes actuacións:

• Elaboración de varandas no acceso a San Valentín pola rúa Machuco, no Concello de Fene
• Elaboración e reparación de varandas existentes en diversos lugares do Concello de Ares