Dispoñibles os Dvd´s do campus lingüístico Verán Máis Alá 2017

Dispoñibles os Dvd´s do campus lingüístico Verán Máis Alá 2017

A partir de hoxe xa están dispoñibles os Dvd´s do campus lingüístico Verán Máis Alá 2017, que poderán recollerse de balde no Departamento de Cultura e Deportes (Avda. Naturais 44, entresollado) de luns a venres en horario de 09.30 e as 13.30 horas.

O DVD contén unha escolma de fotos e vídeos dos/as participantes nas distintas actividades realizadas ao longo do pasado mes de xullo, nas instalacións do CEIP Centieiras, piscina municipal e distintos exteriores.