Convocatorias de subvencións da Deputación para entidades sen ánimo de lucro, corais polifónicas e entidades de música e baile tradicional galego

Convocatorias de subvencións da Deputación para entidades sen ánimo de lucro, corais polifónicas e entidades de música e baile tradicional galego

Publicadas no BOP do 22.02.2017 as bases que rexerán as convocatorias dos seguintes programas:

  • Programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para realizar actividades culturais durante o ano 2017
  • Programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para realizar investimentos culturais durante o ano 2017
  • Programa de subvencións a corais polifónicas, bandas de música populares, entidades de música e baile tradicional galego e formacións musicais de grande formato da provincia da Coruña, para o desenvolvemento de actividades culturais durante o ano 2017
  • Programa de subvencións a corais polifónicas, bandas de música populares, entidades de música e baile tradicional galego e formacións musicais de grande formato da provincia da Coruña, para a realización de investimentos culturais durante o ano 2017
  • Programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o apoio ao desenvolvemento de festivais audiovisuais, musicais e de artes escénicas na provincia da Coruña durante o ano 2017

O prazo para formular as solicitudes empezará a contar unha vez que se publiquen estas convocatorias na Base Nacional de Subvencións e, o seu extracto, no BOP.

Descargas