Programa para a adquisición dos agasallos para a Festividade de Reis

Concesión de subvencións de pago único anual ás familias con menor nivel de recursos económicos para a adquisición dos agasallos para a Festividade de Reis.

Requisitos

  1. Persoas maiores de idade, ou menores emancipados/as legalmente que teñan en convivencia a fillos ou fillas menores de 15 anos ou maiores desta idade e ate os 18 anos sempre que teñan o recoñecemento legal de discapacidade
  2. Empadroamento no Concello de Fene e ter residencia efectiva no mesmo cunha antigüidade de, alomenos, tres meses anteriores á data da solicitude.
  3. Cumprir as condicións económicas que se establecen nas presentes bases, respecto aos ingresos mensuais da unidade familiar así como ao capital mobiliario e/ou inmobiliario que se posúa na mesma.
  4. Non figurar, nin o solicitante nin outro membro da unidade familiar, como titular de industria, comercio ou calquera outro negocio.
  5. Non estar incurso/a nas prohibicións para obter a condición de beneficiario/a sinaladas no art. 13 de Lei Xeral de Subvencións (Boe nº 276 de 18 de novembro de 2003), que segundo regula dito artigo poderá realizarse mediante testimonio judicial, certificados telemáticos ou transmisións de datos (...) e cando dito documento non poda ser expedido pola autoridade competente, poderá ser sustituído por unha declaración responable outorgada ante a autoridade administrativa ou notario público.

Documentación

Todas as fotocopias deberán presentarse compulsadas.

  • Impreso de solicitude debidamente cumprimentado e asinado polo/a solicitante, que será facilitado no Dpto. De Servizos Sociais, e segundo o modelo que se incorpora como anexo, e no que se deberán indicar os agasallos para os que se solicita a subvención.
  • Declaración xurada sobre situación persoal, familiar e económica do/a solicitante e resto da unidade de convivencia computable que se facilitará en documento oficial.
  • Fotocopia do D.N.I. do/a solicitante.
  • Fotocopia do Libro de Familia e/ou do Título de Familia Numerosa, no seu caso.
  • En caso de separación e/ou divorcio, fotocopia da sentencia xudicial e/ou convenio regulador, se é o caso.
  • Xustificantes económicos referidos aos meses de xullo, agosto e setembro do ano en curso, segundo o caso e procedencia dos mesmos de todos/as os membros da familia maiores de 18 anos que formen a unidade de convivencia independente.
  • Fotocopia completa da última Declaración da Renda das Persoas Físicas correspondente ao exercicio inmediatamente anterior, e referida a/aos proxenitor/res ou tutor/res do/a menor, e no caso de non presentala, declaración xurada de non ter obriga de realizala, segundo anexo que se falicitará nos Servizos Sociais.
  • Xustificante de gastos derivados do aluguer ou amortización no período computable: xullo, agosto e setembro. En caso de vivenda propia o recibo da contribución da mesma.
  • Certificación bancaria de intereses e retencións de tódalas contas bancarias do/a solicitante e unidade familiar referidos ao exercicio inmediatamente anterior ao ano da solicitude.
  • Volante de empadroamento e convivencia con indicación do tempo de residencia.
  • Debe acompañarse certificado de non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario/a sinaladas no art. 13 de Lei Xeral de Subvencións (Boe nº 276 de 18 de novembro de 2003), que segundo regula dito artigo poderá realizarse mediante testimonio judicial, certificados telemáticos ou transmisións de datos (...) e cando dito documento non poda ser expedido pola autoridade competente, poderá ser sustituído por unha declaración responable outorgada ante a autoridade administrativa ou notario público.
  • Fotocopias do/s certificado/s de discapacidade que se aleguen para o baremo.
  • Os documentos que se queran presentar que xustifiquen as circunstancias que puntúan no baremo.

Aquela/s solicitude/s na/s que se observe a falla de documentación fundamental para a súa valoración, será requerida por escrito ao interesado/a para que no prazo máximo de 10 días dende a recepción da comunicación, presente a documentación solicitada, indicándoselle que se non o presentase se lle terá por desistida da súa solicitude, previa resolución que deberá ser dictada nos termos previstos no artigo 71 da lei 30/92 de 26 de novembro.

Áreas
Ligazóns