Programa de natación escolar

O programa de natación escolar intenta garantir o achegamento e coñecemento de todos os nenos e nenas a esta actividade e ao medio acuático, un achegamento que, no caso de querer continuar, poderán facelo nas escolas municipais de natación ofertadas de luns a venres en horario de tarde. 

A ratio establecida será de unha franxa horaria de 45 minutos á semana durante un trimestre por cada 48 alumnos do centro

Os trimestres ofertados son o primeiro e o segundo trimestre do ano e cada centro escolar pode solicitar de forma gratuíta as horas que lle correspondan segundo o número de alumnos de primaria escolarizados no mesmo. 

Actividade realizada en horario lectivo. Non se realiza a actividade nos períodos vacacionais.

Documentación

Na solicitude deberá constar:

  • Os cursos nos que están os nenos que asistirán ao programa
  • O número de alumnos que asistirán a cada sesión
  • Os nomes dos alumnos que asistirán ás mesmas
  • Autorizacións paternas de cada un dos nenos que asistan á actividade

Notas para a cidadanía

Aqueles centros aos que lles correspondan dúas ou máis sesións, poderán escoller entre utilizar todas as sesións nun trimestre ou repartilas entre os dous trimestres.

No caso de coincidencia horaria nas solicitudes, poderán realizar conxuntamente a sesión os centros aos que, por número de alumnos asistentes, lles corresponda unha parte proporcional da piscina.

Lugar de solicitude

As solicitudes presentaranse nas dependencias administrativas do pavillón polideportivo da Xunqueira (Teléfono: 981 492 804).

Áreas