Obradoiros sobre o manexo do computador e móbil

a aula de informática municipal (Avda. de Naturais, 44, entresollado dereita) acollerá, do 20 ao 27 de novembro, dous obradoiros sobre o manexo do computador e sobre o uso do teléfono móbil. Dirixidos preferentemente a mulleres, son gratuítos e o prazo de inscrición permanece aberto no seguinte enderezo electrónico igualdadgalicia@inice.es ou no telefono 646385736.


As accións formativas están organizadas polo Instituto de Investigacións Científicas e Ecolóxicas (INICE), en colaboración co Concello de Fene, e teñen unha duración de 12 horas en quenda de mañá. Poderán participar todas as mulleres do concello sen límite de idade. Este programa está subvencionado polo Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social.