Que se convoque ao Concello Pleno á sesión ordinaria que se realizará nesta Casa Consistorial o 07.11.2019 ás 18.00 h en primeira convocatoria, coa seguinte orde do día:


1. Aprobación, se procede, da acta da sesión extraordinaria do 16.10.2019
2. Dación de conta das Resolucións da alcaldía dende o núm. 1027/2019 ao 1203/2019
3. Dación de conta do informe de tesourería sobre as obrigas de subministro de información previstas no artigo
16 da Orde HAP/2015/2012, do 1 de outubro, pola que se desenvolven as obrigas de subministro de
información previstas na Lei orgánica 2/2012, do 27 de abril, de estabilidade orzamentaria e sostibilidade
financeira, correspondente ao 3º trimestre do 2019
4. Dación de conta do informe de tesourería regulado no artigo 4 da Lei 15/2010, do 5 de xullo, de modificación
da Lei 3/2004, do 29 de decembro, polo que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas
operacións comerciais relativo ao 3º trimestre do 2019
5. Aprobación, se procede, do expediente de modificación de créditos núm. 24/2019, subexpediente 14/2019,
proposta 2019/G006/000338
6. Aprobación, se procede, do expediente de modificación de créditos núm. 25/2019, subexpediente 15/2019,
proposta 2019/G006/000340
7. Aprobación, se procede, do expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos núm. 10/2019, proposta
2019/G006/000341
8. Aprobación, se procede, da Moción do grupo municipal Socialista sobre a política do goberno galego en
relación aos danos producidos polo xabaril
9. Aprobación, se procede, da Proposta da concelleira delegada de Ensino de inicio do procedemento de elección
de membros do Consello Escolar Municipal de Fene
10. Aprobación, se procede, da Moción do grupo municipal Socialista sobre a Política do goberno galego en
relación ao comezo do curso escolar
11. Aprobación, se procede, da Moción do grupo municipal Socialista sobre a falta de profesorado que presta
atención á diversidade no CEIP Plurilingüe O Ramo
12. Aprobación, se procede, da Moción do grupo municipal do BNG sobre a redacción dun Plan de accesibilidade
universal e demais medidas complementarias
13. Aprobación, se procede, da Moción do grupo municipal do BNG en relación á falta de profesorado de apoio no
CEIP A Xunqueira
14. Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, aprobación, se procede, da Moción do grupo municipal
Socialista sobre as deficiencias da piscina municipal
15. Mocións urxentes
16. Rogos e preguntas