Manquiña presenta os seus "Relatos negros" no Museo do Humor

Relatos Negros é unha divertida obra teatral sobre unha das fascinacións máis antigas do home: o asasinato. Todo temos un hobby, algo co que encher o noso tempo: a uns gústalles ir pasar a tarde xogando ao golf, outros coleccionar selos e a outros, por exemplo, ir á piscina. Pero a Manquiña o que lle gusta é coleccionar historias sobre crimes. Un hobby como outro calquera… A través do universo escuro, macabro e de humor negro de Roald Dahl coñeceremos tres historias fascinantes que serán moi difícil de esquecer...