Inscrición escolas culturais 2019

O prazo de inscrición está reservado entre os días 2 e 4 de outubro a residentes na localidade. Os días 7 e 8 de outubro pode formalizar a súa matrícula a poboación en xeral

As Escolas Culturais Municipal abren a inscrición para o curso 2019/2020 o vindeiro 2 de outubro, un prazo que se estenderá ata o día 8 do mesmo mes. Os veciños de Fene teñen prioridade á hora de seleccionar as prazas vacantes nas escolas culturais municipais e, por iso, o prazo de inscrición está reservado entre os días 2 e 4 de outubro a residentes na localidade. Os días 7 e 8 de outubro pode formalizar a súa matrícula a poboación en xeral, independentemente do lugar de empadroamento.

As matrículas deben formalizarse nas oficinas administrativas situadas no pavillón de A Xunqueira de San Valentín, en horario de 8:30 a 14:00 horas, agás os días 2 e 7 de outubro, nos que as oficinas estarán abertas tamén en horario de tarde (de 16:00 a 19:00 horas).