Inscricións no Verán Máis Alá

O prazo estará aberto o xoves 13 de xuño ?de 8 a 19 horas- e o venres 14 de xuño ?de 8 a 14 h-. En caso de que queden prazas vacantes ?extremo que se anunciará na web www.fene.gal- abrirase o programa a veciños/as doutro

Inscrcións no Departamento de Cultura e Deportes (Avenida Naturais, 44 entresollado dereita) e as prazas concederanse por rigorosa orde de inscrición. 

Trátase dun campus lingüístico para facilitar unha alternativa de lecer educativo, na nosa lingua, á vez que se promove a conciliación da vida laboral e familiar, e desenvolverase do 1 ao 31 de xullo no CEIP Centieiras. Está dirixido ao alumnado escolarizado en Educación Infantil e Primaria nado entre os anos 2007 e 2015 –idades de referencia, mínima 3 anos cumpridos e escolarizado no curso 2018/2019 e máxima 12 anos cumpridos na data de comezo da actividade).


As actividades levaranse a cabo de 8 a 14,30 horas e principiarán co “Bo día” (de 8 a 10 h e para que os nenos e nenas poidan incorporarse a calquera hora nesta franxa horaria). A partir de entón arrancará “Máis Alá!” (con hora de saída entre as 14 e as 14,30 h).

Ligazóns