Recuperación da Memoria para maiores de 55

Recuperación da Memoria para maiores de 55

Obradoiro gratuíto con prazas libres. Para anotarse as persoas interesadas deben dirixirse ao propio centro municipal –Avenida do Mar, bloque 1 baixo-.

Está dirixido aos maiores de 55 anos e realizaranse probas iniciais para adaptar as actividades a cada persoa, dependendo da súa situación.

O obradoiro inclúese no programa de Envellecemento Activo e Participación Social e nel realizaranse actividades en grupo encamiñadas a mellorar a memoria, a linguaxe, a orientación, a atención, etc. Os exercicios buscan estimular as diferentes funcións cognitivas para retrasar o inicio dunha demencia ou mantela estable sen empeoramento. Ademais dos beneficios de pertencer a un grupo.


Con este proxecto ofértanse actividades e experiencias para as persoas que se atopan na madurez co fin de que podan gozar dun tempo de lecer activo e satisfactorio.