Ximnasia de verán ao aire libre

Do 1 ao 31 de agosto. Luns, mércores e venres laborables en horario de 9.30 h a 10.30 h.

O escenario elixido será o paseo marítimo de San Valentín, xunto ó pavillón da Xunqueira e, no caso de choiva, as clases trasladaranse ó interior do recinto deportivo.

A participación é libre e gratuíta e o programa está dirixido a persoas de todas as idades. Nas clases realizaranse actividades físicas de grupo para manter ou mellorar a condición física xeral en relación coa saúde, coordinación motriz, flexibilidade, resistencia aeróbica, forza e resistencia muscular, axilidade… e todo isto, pasando un rato agradable en grupo.