Curso para o uso de teléfonos intelixentes

A Concellería de Benestar Social e Igualdade do Concello de Fene promove este curso para formar ás persoas maiores no uso dos novos teléfonos móbiles e o acceso a Internet dende os propios teléfonos.

A aparición destes dispositivos ocasionou un novo entorno de comunicación, que as persoas maiores teñen que asimilar para poder beneficiarse dos  servizos que lles axudarán a vivir con maior autonomía persoal e independencia.

DATA: 24 de marzo de 2017

HORARIO: de 11:00 a 13.00 h.

LUGAR: Aula de cursos do Concello. Avda Naturais- 44 entresollado.

Prazas por orde de inscrición. Prazas limitadas

Actividade aberta a poboación en idade madura, cun límite máximo  de 20 prazas. O mínimo para iniciar a actividade é de 10 que se cubriran por orden de inscrición.

Actividade gratuíta aberta a toda a poboación

Máis información

BENESTAR SOCIAl E IGUALDADE TELÉFONOS: 981342607/981492706  Avda. do Mar B1- baixo – San Valentín servizos.sociais@fene.gal