Obradoiro de cociña para nenos Entroido 2017

A proposta vai dirixida a nenos e nenas de primaria e nela aprenderán a facer todo tipo de sobremesas típicas destas datas.

O obradoiro está concibido como unha sesión de aprendizaxe culinaria, pero tamén como unha actividade coeducativa na que a cativería se familiarice co concepto da corresponsabilidade no fogar. 

Ofértanse 30 prazas repartidas en dúas quendas -15 asistentes en cada unha-, unha das 17.00 ás 18.00h. e a segunda desde as 18.30 até as 19.30h. Ambas terán lugar no CCRD de Perlío o luns 27 de febreiro.

Inscricións

  • Prazas dispoñibles: 30
  • Prazo inscricións: até o 22 de febreiro.
  • Lugar: de forma presencial pasando polo Departamento de Cultura e Ensino -Avda. Naturais 44 entresollado.
  • Horario: de luns a venres en horario de 8.30 a 14.00h.

* Será necesario completar alomenos a metade das prazas ofertadas para que os obradoiros se leven a cabo.

Descargas