"Nin unha menos!!" Fene contra a violencia machista

Actos centrais 25n

O evento desenvolverase o sábado 25 de novembro a partir das 18.00h. nunha carpa situada ao carón do pavillón da Xunqueira e arrancará cunha performance que, en último caso, pretende sensibilizar sobre a "necesaria implicación de todo o mundo para illar os agresores e o propio machismo existente na sociedade". A posta en escena aproveitarase tamén para "lembrar ás mulleres asasinadas no que vai de ano no Estado Español" e para ler o manifesto redactado este ano pola MMM co gallo do 25N.

Na segunda parte da celebración do Día Internacional da eliminación da violencia contra da Muller, a actividade trasladarase ao CPS de San Valentín (Avda. do Mar 31-33 B11). Alí actuarán a partir das 19.30h. o grupo de mulleres caboverdianas Batuko Tabanka, de xira polos municipios socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

Ligazóns