Avisos

26-07-2023

Período medio de pago a proveedores do 2º trimestre do ano 2023

O Real Decreto 635/2014, de 25 de xullo, polo que se desenvolve a metodoloxía de cálculo do período medio de pago a proveedores das Administracións Públicas e as condicións e o procedemento de retención de recursos dos rexímenes de financiación, previstos na Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, de Estabilidade Presupostaria e Sostenibilidade Financieira, establece que as corporacións locais remitirán ó Ministerio de Facenda e publicarán nos seus portais web: o período medio de pago global a proveedores, o período medio de pago da entidade (que no caso do Concello de Fene coincide co global porque non hai máis entidades), o ratio de operacións pagadas e o ratio de operacións pendentes de pago, todos eles referidos ó trimestre anterior, calculados segundo a metodoloxía establecida no mesmo, e segundo os modelos tipo de publicación facilitados ás corporacións locais polo Ministerio de Facenda.
Polo que unha vez remitidos os datos resultantes do programa de contabilidade municipal ó Ministerio de Facenda a través da plataforma da "Oficina Virtual para la Coordinación Financiera con las Entidades Locales", resulta o documento que se adxunta, que pasa a ser publicado na páxina web do Concello de Fene, dacordo co anteriormente exposto.
24-07-2023

Accións formativas para persoas desempregadas da Consellería de Emprego e Igualdade

A Área de Formación e Emprego Pancho Allegue do Concello de Fene informa de novos cursos da Xunta de Galicia para persoas desempregadas. Ditas accións formativas impartiranse a partir do mes de setembro no Centro de Formación Ocupacional de Caranza e, como único requisito para participar, cómpre estar inscrito/a no SPEG como demandante de emprego. A solicitude pódese realizar: a través do servizo de orientación laboral participando nun itinerario personalizado de inserción; a través da Oficina Virtual de Emprego da Xunta de Galicia, emprego.xunta.gal, sempre que na demanda de emprego do/a solicitante conste un correo electrónico; ou na oficina de emprego, pedindo cita previa en emprego.xunta.gal. Máis información na Area de Formación e Emprego “Pancho Allegue” do Concello de Fene, no tfno. 981 492 767 ou no correo electrónico orientacion.laboral@fene.gal 
19-07-2023

Aviso da Policía Local restriccións á circulación e ao aparcamento por mor dos concertos do ciclo Xullo, mes da Patria

Anuncio restriccións á circulación e ao aparcamento na Avda. do Concello por mor dos concertos do ciclo Xullo, mes da Patria. 
17-07-2023

Aprobación definitiva modificación puntual PXOM núcleos Buios, O Redondo, O Feal, Lubián e o Piñeiro

Aprobación definitiva  modificación puntual do PXOM Fene-delimitación dos núcleos rurais de os Buios, O Redondo, O Feal, Lubian e o Piñeiro.
17-07-2023

Aprobación provisional modificación puntual PXOM nucleos Buios, O Redondo, O Feal, Lubián e o Piñeiro

Aprobación provisional modificación puntual do PXOM Fene-delimitación dos núcleos rurais de os Buios, O Redondo, O Feal, Lubian e o Piñeiro.
17-07-2023

Aviso da Policía Local restriccións circulación e aparcamento Festas de Sillobre 2023

Anuncio restriccións á circulación e ao aparcamento na rúa Mestre Lois Rodríguez por mor das Festas Patronais de Sillobre.
11-07-2023

Enquisa "Por un turismo de calidade"

A Concellería de Promoción Económica, atedendo á solicitude da Fegamp, anima á veciñanza a participar na enquisa "Por un turismo de calidade", impulsada por UNIDEMA Research coa colaboración da Escola Superior de Hostalaría Protocolo e Turismo. Dito cuestionario forma parte dun estudo sobre Turismo e Hostalaría que valora, por un lado, a situación económica (retos e previsións) e os municipios (ranking dos municipios que máis salientan, atendendo ao seu encanto, á súa oferta cultural e á súa oferta gastronómica). 
Para a elaboración deste ranking é precisa a colaboración da cidadanía, cubrindo unha breve enquisa anónima, antes do 14 de xullo. O cuestionario dura menos de 20 segundos. Non hai que cubrir datos persoais de ningún tipo e, unha vez finalizado o prazo, os restaurantes seleccionados serán notificados e se lles incluirá no ranking.
Realiza a enquisa premendo aquí.
29-06-2023

Aprobación definitiva modificación Anexo I de subvencións nominativas

Publicado no BOP do 28 de xuño o anuncio relativo á aprobación definitiva da modificación núm. 01/2023 do Anexo I de subvencións nominativas das Bases de execución do orzamento de 2022, prorrogado ao 2023.
21-06-2023

Bando alcaldía: simulacro uso sireas na praia Almieiras

20-06-2023

Exposición pública de padróns fiscais correspondentes ao exercicio 2023 de ocupación de terreos de uso público por mesas e cadeiras, tribunas, tablados e otros elementos análogos con finalidade lucrativa