Os “Mundos etéricos” de Rosa Salanova amósanse en marzo na Casa da Cultura de Fene

Museo do Humor   Dixomedíxomes  

O venres, 6 de marzo, inaugúrase na sala de exposicións temporais da Casa da Cultura a mostra “Mundos etéricos”, da pintora fenesa Rosa Salanova. No acto, que contará coa presenza da artista e do alcalde de Fene, Juventino Trigo, intervirán tamén as escritoras coruñesas Ana Julia Martínez Fariña e Rosi Sarmiento. Ao remate do mesmo haberá un pase de danza oriental con veos a cargo de Silvia Escudero, da Compañía “Shakti Danza”.

Segundo Rosa Salanova, “Mundos etéricos é unha exaltación do meu Ser, que desexa expresar a través da arte os mundos sutís que habitan outros planos dimensionais, e que tamén forman parte da vida e representan a parte máis elevada da existencia”. A exposición poderá visitarse do 5 ao 30 de marzo na Casa da Cultura de Fene. Horario de visitas: de luns a venres, de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas, e sábados, de 10.00 a 13.00 horas. Domingos e festivos, pechado.

Sobre a artista:

Pintora fenesa, Rosa Salanova comeza a súa formación artística no ano 1989 da man do recoñecido pintor galego Ricardo Segura Torrella co que estudou durante varios anos debuxo, pintura, acuarela e técnicas mixtas. Tamén estudou gravado na Fundación CIEC (Betanzos) e no Museo de Belas Artes(A Coruña).

Participou en numerosas exposicións, tanto individuais como colectivas. Entre as primeiras, salientan:  “Atlantis” (Galería Aurelio Aguirre, Club del Mar de San Amaro, A Coruña) e “Atlantis” (Galería Arga Galicia, A Coruña) 2019; “Madre-origen” (Galeria Arga Galicia, A Coruña) 2017; “Vivencias” (Sala de Arte Nov, A Coruña) 2016; “Reencuentros” (Galeria de Arte Nov, A Coruña) 2014; “Libertad absoluta” (Galeria Manuel Marquez, Ourense) 2012; “En construcción”,  (Ggaleria de arte Perspolis, León) e “Espazos Vitais” (Galeria AlenKlass, A Coruña) 2010; “Miradas desde la ciudad” (Sala de Exposiciones Aires, Córdoba), “Realidades” (Galeria Sargadelos, A Estrada - Pontevedra) e “Naturaleza en ti” (Galeria de arte Alen Klas, A Coruña) 2009; “Natura Universo” (Ateneo ferrolan, Ferrol - A Coruña) 2008; Hotel Melia Mª Pita (Galeria Arte Imagen, A Coruña) 2004; “Reflejos de realidad” (Casa das Palmeiras, Neda) 2011)

Algunhas das exposicións colectivas nas que participou foron: Intercambio Cultural Ferrol-Terrassa “Novas Pontes” (Ferrol, 2009) e Terrassa-Ferrol “Nous Ponts”  (Terrassa, 2010), como participante e comisaria de exposicion.

A súa obra, amais de en España, amósase en diversos países como Estados Unidos, Marrocos Italia , Francia, Cuba (Museo Bacardi), Colombia (Museo del agua, Museo de Arte Contemporáneo La Huila) ou Arxentina (Claudio León Sempere).

Entre os premios e recoñecementos que ten acadado, salienta o primeiro premio de grabado no Certame Museo Claudio León Sempere, (Bos Aires, Arxentina)