Visita guiada este xoves por Juan Sobrino, Malena Carballo e Ladislau da Regueira á exposición “Sinerxia 1+1=3”

Museo do Humor   Noticias  

As persoas interesadas poderán participar a partir das 19 h na Casa da Cultura

A Casa da Cultura de Fene acolle ata o vindeiro 27 de decembro a exposición “Sinerxia 1+1=3”, integrada por unha selección das obras de pintura, fotografía e escultura de Juan Sobrino, Malena Carballo e Ladislau da Regueira. E, este xoves, os artistas propoñen ao público participar dunha visita guiada a partir das 19 horas. A ela, asistirá un grupo de alumnos/as do Laboratorio de Creación Artística Laudas Calamity, aínda que poderá participar todo aquel que o desexe.


Fóra da visita guiada, a mostra pode visitarse na sala de exposicións temporais ata o 20 de decembro (incluído) de luns a venres, de 10 a 13 horas e de 16 a 21 horas, e os sábados de 10 a 13 h. Así mesmo, do 21 ao 27 de decembro (incluídos), a mostra estará a disposición do público de luns a venres de 10 a 14,15 horas.