Imaxes EBA. Homenaxe a Blanco Amor (2012)

Museo do Humor   Exposicións   Imaxes EBA. Homenaxe a Blanco Amor (2012)

Dezaoito ilustradores/as de primeiro nivel participaron nesta exposición promovida polo Museo do Humor de Fene dentro dos actos organizados polo Concello de Fene ao redor da convocatoria da 30ª edición do Premio de Novela Longa Eduardo Blanco Amor. A mostra, comisariada polo debuxante Siro López, amosouse na sala de exposicións temporais da Casa da Cultura-Museo do Humor de Fene de Fene do 2 ao 23 de novembro de 2012.
 
A “Exposición-Homenaxe a Blanco Amor” estaba estruturada en dous grandes bloques: caricaturas de Blanco Amor e ilustracións relativas a personaxes ou anacos da obra de Don Eduardo. Os debuxantes que participaron neste proxecto foron: Aida Alonso, Almudena Aparicio, Calros Silvar, Dani Padrón, Idoia de Luxán, Nachortas, Pablo Otero, Pinto e Chinto, Xan Carpente, Xosé Cobas, Xosé Lois, Siro, Santy Gutiérrez, Michel Casado, Augusto Metztli, Gonzalo Vilas, Jaime Asensi e Miki.